5/11/07

Éxito de público na presentación da Asociación Cultural "Xesús González Aboi"




O Acto de presentación foi un éxito, o Auditorio estaba ateigado de xente, máis de 170 persoas acudiron ao acto, entre os que destacaban os familiares de Suso, amigos e compañeiros de traballo, así como compañeiros do BNG da provincia ou mesmo o Grupo de goberno do Concello de Caldas.
O acto comezou as 21:10 ca íntervención de Iñaki como presidente da Asociación, tras él, as fillas de Suso recitaron uns poemas feitos polo homenaxeado, tras este pequeno recital de poesía, interviu Tino Carou, como concelleiro do BNG, quen dou paso a un dos mestres de saxo da Escola Municipal, quen interpretou, para gozo dos presentes, unha obra de Bach feita para violoncello co saxo, instrumento adorado por Suso, visiblemente encantado pola actuación musical, comezou a sua intervención Xosé Manuel Beiras, quen non escatimou palabras de eloxio para Suso e a sua familia, tanto de sangue, como política.
Ao remate da sua intervención,Beiras, entregoulle á muller de Suso unha bandeira do BNG firmada polos compañeiros de Caldas, así como por Anxo Quintana e Xose Manuel Beiras, namentres as fillas de Suso facíanlle entrega, agradecendo a sua presencia no acto, dun presente. Para rematar, proxectáronse unha serie de fotografías de Caldas e de Suso.

Ao remate do acto, os compañeiros do BNG, ási como os familiares e amigos máis achegados de Suso, disfrutamos recordándoo tomando un pincho.

No hay comentarios:

Publicar un comentario