13/10/11

AGORA, AS FOTOS DAS ACTIVIDADES EN FLICKR


A Asociación Cultural "Xesús González Aboi" ven de crear unha conta no flickr: http://www.flickr.com/photos/xesusgonzalezaboi/, onde podes ver as fotos das actividades realizadas pola Asociación, a día de hoxe podedes ver as fotos das Xornadas de Custodia Fluvial realizados no mes de xuño e outubro, pero, pouco a pouco, iremos subindo as imaxes de todas as actividades realizadas.

8/10/11

XORNADA DE CONTROL E ANÁLISE DO RÍO FOLLENTE

O vindeiro mércores, día 12 de outubro, a Asociación Cultural "XESÚS GONZÁLEZ ABOI", ten programada unha nova saída para analizar o estado do río Follente, dentro do programa de CUSTODIA FLUVIAL de ADEGA, no que a Asociación está traballando desde a súa creación coa vixiancia e control do río Follente.


Durante esta xornada, os participantes procederemos á recollida e análise de mostras, recoñecemento da fauna (vertebrados e invertebrados) e da flora, control do caudal... o que nos dará unha idea do estado de saúde no que se atopa o río Follente.Podes ver algunha das fotos das saídas anteriores:

25/8/11

NOITE DE ESTRELAS na "Pataca Cortada"

A Asociación Cultural "Xesús González Aboi" organiza este venres, día 26 de agosto unha saída cara a "Pataca cortada", na parroquia de Santa María, en Caldas de Reis, para facer unha observación de estrelas coa inestimable colaboración de Aurelio Rey Froján, que será o guía da observación.



PUNTO DE ENCONTRO: a quedada será ás 21:30h. nas Palmeiras, e desde alí iremos camiñando cara o lugar de destino.


Remataremos a observación cunha chocolatada quente.

Artigos aparecidos na prensa:
http://www.lavozdegalicia.esEnlace
Contamos coa vosa presenza.

28/7/11

ACTO REIVINDICATIVO NO MURO DO ENCORO

O 29 de xullo, ás 18:00h. a A.C. "Xesús González Aboi", en colaboración con ADEGA, a Coordinadora Antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña, e a A.C. "O Fervedoiro", teñen convocado un acto reivindicativo no muro do Encoro, en protesta pola situación que segue a padecer o río Umia, desde a construcción do Encoro de "A Baxe" e ante o contínuo despilfarro de cartos públicos en distintos proxectos que non solucionan o problema de contaminación por microcistina que vimos padecendo na comarca do Umia nos últimos anos, como resultado do proceso de eutrofización que se desenrola nesta presa.

Cabe destacar que a simple liberación do río atallaría o problema sen ningún tipo de dúbidas, polo que non podemos entender que unha concesión pública dunha explotación hidráulica poida prevalecer sobre a saúde pública dos habitantes da conca do Umia.

O acto contará coa presenza de Pedro Brufao, presidente da Asociación AEMS-Ríos con Vida.
AUGA PARA BEBER E RÍOS PARA DISFRUTAR. SALVEMOS O UMIA

RESULTADO DA XEIRA NOCTURNA AO MONTE XIABRE

O día 9 de xullo, arredor de 30 persoas realizamos unha Xeira nocturna ao Monte Xiabre co obxectivo de observar de noite, coa axuda de luz artificial, os petroglifos da Laxe dos Bolos, situada no Concello de Caldas de Reis, a carón do Parque eólico.
O acto comenzou cunha charla no Centro Social da Comunidade de Montes de Saiar, aos que agradecemos a súa colaboración, na que Xesús Rodríguez e Fran Ameixeiras nos informaron do rico patrimonio arqueolóxico existente no Monte Xiabre, as Pedras Roibas, o Castro da Gaiba..., aproximadamente ás 23 horas nos diriximos en coches á "Laxe dos Bolos" e alí pidemos desfrutar dos petroglifos, que resaltados coa luz artificial, se facían fácilmente visibles.
Ao rematar a visita desfrutamos dun pequeno refrigerio no monte, onde tamén puidemos degustar o "bolo de ovos" tradicional da pascua, que da nome a esta laxe.

30/6/11

XEIRA NOCTURNA AO MONTE XIABRE "LAXE DOS BOLOS"

O vindeiro sábado 9 de xullo, a Asociación Cultural "Xesús González Aboi" ten organizada unha saída nocturna ao monte Xiabre, na parroquia de Saiar, no Concello de Caldas de Reis para ver, coa axuda de luz artificial, os petroglifos da "LAXE DOS BOLOS".
O acto estará precedido por unha charla divulgativa no local social da Comunidade de Montes de Saiar, onde daremos a coñecer esta laxe de máis de 400m2 (ver imaxe).

PROGRAMA

21:00h. Charla Informativa no local social da Comunidade de Montes da parroquia de Saiar.

22:00h. Visita nocturna aos petroglifos da "LAXE DOS BOLOS" coa axuda de luz artificial.
Durante a visita, procederemos á lectura de poemas de pedra e degustaremos pan de ovos, que da nome á laxe.


* Para asisitir a esta actividade non é preciso inscribirse previamente.

12/6/08

A ASOCIACIÓN CULTURAL "XESÚS GONZALEZ ABOI" ORGANIZA NOVOS ROTEIROS POR CALDAS


A Asociación Cultural "Xesús Gonzalez Aboi" ten organizado dous novos roteiros para os vindeiros días 15 e 29 de Xuño; estes roteiros integranse dentro do programa "Percorrendo Caldas", onde pretendemos que a xente do noso Concello e dos arredores coñezamos máis profundamente o entorno no que vivimos.


O vindeiro 15 de xuño, sairemos ás 09:00 da mañá da Carballeira de Caldas de Reis con destino ao monte de Santa María, alí poderemos visitar, entre outros lugares, a "pataca cortada" e outros outeiros, sen olvidarmos de visitar os manantias que, en parte, abastecen aos veciños e veciñas de Caldas.


O día 29 de Xuño visitaremos a parroquia de Bemil, facendo un especial fincapé na Castro de Bemil, pero sen esquecer outros recunchos maravillosos como os que poderemos atopar nestes e noutros roteiros por este concello. A saída tamén será ás 09:00 da máñá da Carballeira de Caldas.


ESPERAMOSTE

21/5/08

HOMENAXE A SUSO

As asociacións "Xesús Gonzalez Aboi" e "Mariñoleira"organizaron para o vindeiro fin de semana un conxunto de actividades co obxectivo de homenaxear a Suso no primeiro aniversario do seu pasamento, así temos:

VENRES 23
21:00 H.: Charla "Os petroglifos do Xiabre: A laxe dos bolos"
impartida por Elena Cabrejas, arqueóloga caldense.

SÁBADO 24
21:00 H.: Concerto Homenaxe da Banda Municipal de Música
este concerto aparece no boletín que está chegando as vosas casas para o domingo 25, é o sábado e non o domingo.

DOMIGO 25
09:30 H.: Roteiro "a laxe dos bolos"
Quedada ás 09:30 no xardín de Caldas para ir en coches ata o campo de futbol de Saiar e comezar desde alí o roteiro a pé, calculamos a hora de regreso para ás 13:00 h.
Recomendamos levar calzado axeitado para o roteiro que calculamos sobre 10 km. ida e volta.

Esperamos que estas actividades, tan do gusto de Suso teñan unha boa participación que amose o cariño e gran recordo que a xente mantén do noso compañeiro. ADIANTE NA LOITA