28/7/11

ACTO REIVINDICATIVO NO MURO DO ENCORO

O 29 de xullo, ás 18:00h. a A.C. "Xesús González Aboi", en colaboración con ADEGA, a Coordinadora Antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña, e a A.C. "O Fervedoiro", teñen convocado un acto reivindicativo no muro do Encoro, en protesta pola situación que segue a padecer o río Umia, desde a construcción do Encoro de "A Baxe" e ante o contínuo despilfarro de cartos públicos en distintos proxectos que non solucionan o problema de contaminación por microcistina que vimos padecendo na comarca do Umia nos últimos anos, como resultado do proceso de eutrofización que se desenrola nesta presa.

Cabe destacar que a simple liberación do río atallaría o problema sen ningún tipo de dúbidas, polo que non podemos entender que unha concesión pública dunha explotación hidráulica poida prevalecer sobre a saúde pública dos habitantes da conca do Umia.

O acto contará coa presenza de Pedro Brufao, presidente da Asociación AEMS-Ríos con Vida.
AUGA PARA BEBER E RÍOS PARA DISFRUTAR. SALVEMOS O UMIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario