30/6/07

ACTO DE PRESENTACIÓN


O sábado, 27 de Outubro do 2007, terá lugar a presentación pública da Asociación Cultural "Xesús González Aboi", no acto, que terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, contará ca inestimable presenza do membro da Executiva Nacional do BNG e Presidente da Fundación Galiza Sempre Xosé Manuel Beiras Torrado, ademáis, intervirán no acto Iñaki Fernández Zárraga (Presidente da Asociación) e Tino Carou Rodríguez (Concelleiro do BNG en Caldas de Reis).

Na presentación renderáselle homenaxe a "Suso" cunha proxección de fotos da súa vida, así como da súa traxectoria política nestes máis de 15 anos adicados á defensa dos ideales nacionalistas. Tamén intervirán neste acto uns saxofonistas, o seu instrumento favorito xunto ca gaita.

Aproveitando o acto, a Asociación Cultural "Xesús González Aboi" fará unha presentación dun petroglifo que se atopa en Saiar, nunha laxe chamada a "laxe dos bolos", que abraiará a máis de un dos presentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario